Xornada de promoción da Economía Social no sector mariño. 30 de marzo de 2022
A xornada enmárcase dentro das actividades do Proxecto PASOS (Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable – RRI – no Ámbito Mariño a través das Entidades de Economía Social), cofinanciado pola Rede EUSUMO e desenvolvido por FUNDAMAR e os centros de investigación da Universidade de Vigo, CIM (Centro de Investigación Mariña) e ECOBAS. O evento forma parte das actividades recollidas dentro da Semana Universitaria da Economía Social, promovida dende CIRIEC (Centro Internacional de Investigación e Información sobre la Economía Pública, Social y Cooperativa).
Descarga aquí o programa da xornada
Data e lugar de celebración:
30 de marzo de 2022, ás 11:30 am.
Edificio Redeiras (Rúa da Ribeira do Berbés 11, Vigo)
Para a asistencia presencial será obrigatorio o rexistro previo a través deste formulario. O evento poderase seguir tamén virtualmente a través de UVigo TV.