XORNADA FINAL-CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE DISPOSITIVOS DE SALVAMENTO E RESCATE NOS BUQUES PESQUEIROS DE GALICIA

 In SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

A Fundación para la Pesca y el Marisqueo – FUNDAMAR, co apoio da Xunta de Galicia, no seu obxectivo de seguir fomentando a seguridade marítima no sector pesqueiro, puxo en marcha ao longo do 2017 a “Campaña de concienciación e sensibilización sobre dispositivos de salvamento e rescate nos buques pesqueiros de Galicia”.

Durante a mesma, realizáronse accións de sensibilización a bordo de buques de pesca, co obxectivo de sensibilizar ás tripulacións e armadores de realizar revisións e inspeccións sobre os dispositivos de salvamento e rescate nas súas embarcacións.

Tras as accións de sensibilización, elaborouse un informe de conclusións que será presentado publicamente nunha Xornada Final, o vindeiro xoves 26 de outubro ás 11:30, na Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, e que contará coa presenza de D.ª Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, entre outras institucións, como a Comisión Permanente de Investigación de Siniestros Marítimos-CIAIM, o ISSGA, Capitanía Marítima de Vigo, os sindicatos CCOO e UGT, e o servizo de prevención mancomunado SPM-Coapre.

O material da campaña está dispoñible na Web de FUNDAMAR, co fin de que calquera armador, tripulante e/ou entidade poida facer uso do mesmo, ofrecendo ferramentas útiles de verificación e revisión dos dispositivos de salvamento e rescate a bordo, fomentando e contribuíndo así á seguridade marítima e a prevención de riscos laborais no sector.

Recommended Posts