Zona Franca analiza unha plataforma de comercio electrónico vigués

 In esopesgal

Zona Franca “explorará en profundidade” a creación dunha plataforma de comercio electrónico para a cidade, que desenvolverían comerciantes e hostaleiros, e que apoiaría economicamente. Esta foi unha das principais conclusións da reunión que o delegado do Consorcio, David Regades, mantivo coa Asociación de comerciantes e hostaleiros de Zona Náutico e a Federación Provincial de Hostalería.
Alí abordouse a situación dos arrendatarios de locais propiedade de Zona Franca, en concreto Centro Comercial A Laxe, edificio dotacional do aparcadoiro robotizado e edificio anexo do aparcadoiro da Estrela, así como a posibilidade de habilitar liñas de axudas directas ao sector e a situación do aparcadoiro e reforma das Avenidas.
Os empresarios agradeceron as medidas adoptadas nas bonificacións dos alugueres nos espazos de Zona Franca, especialmente no Centro Comercial A Laxe. Ademais, David Regades puxo ao dispor dos asociados de ambas as organizacións as ferramentas aprobadas en Vigo Activo, para fortalecer a liquidez financeira das empresas.

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/zona-franca-analiza-plataforma-comercio-electronico-vigues/20200416234808769994.html

 

 

Recent Posts