Publicacións
Artigos
Entrevistas
Ligazóns

Presentación

En 2018, FUNDAMAR pon en marcha a “Estratexia para a promoción da economía social no ámbito da pesca industrial”, co apoio da Rede Eusumo, impulsada  pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do  cooperativismo e a economía social.

O Observatorio para a promoción de iniciativas de economía social no sector pesqueiro (o eso/pes) nace en abril de 2019 e ten como obxectivo a promoción, impulso e motivación das iniciativas  que, baseadas en modelos de xestión da economía social, se poñen en marcha ou se apoian, dende o sector pesqueiro.

O Observatorio, como espazo de coñecemento compartido no que se promovan os valores e principios da economía social, permitiranos dar visibilidade as boas prácticas e casos de éxito, levadas a cabo a nivel nacional.

Estruturado de maneira sinxela o Observatorio ofreceranos información clara sobre o que é a economía social (valores, principios e lexislación de aplicación ás súas entidades); acceder aos recursos compartidos (publicacións, artigos, entrevistas e ligazóns de interese); así como identificar boas prácticas e casos de éxito no sector da pesca a través dun buscador.

FORO “A ECONOMÍA SOCIAL NA ECONOMÍA CIRCULAR”
O vindeiro 26 de novembro de 2019 ás 09:30 h no Museo do Mar de Galicia (avd. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra) celebrarase o Foro Transfronteirizo A Economía...
Ler Máis "FORO “A ECONOMÍA SOCIAL NA ECONOMÍA CIRCULAR”"
Presentación do Libro Branco da economía social de Galicia
O pasado 13 de novembro ás 19:30 horas tivo lugar no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela...
Ler Máis "Presentación do Libro Branco da economía social de Galicia"
O estándar de pesca responsable da frota atunera española seleccionada como referente internacional
A Asociación Española de Normalización (UNE) resalta o estándar de Atún de Pesca Responsable (APR) da frota atunera española, entre máis de 4.000 normas UNE...
Ler Máis "<span lang ="gl">O estándar de pesca responsable da frota atunera española seleccionada como referente internacional</span>"