COESMA Compañía Estibadora Marítima

Naceu como cooperativa en 1998 cando foi formada por 30 persoas que traballaban xuntas nunha empresa mercantil que ía pechar. Inicialmente levaban a cabo soamente labores de estiba e desestiba, unha actividade que é moi cíclica. Para garantir unha carga de traballo estable durante todo o ano, as persoas socias decidiron incorporar unha nova liña de negocio á cooperativa, ofrecendo un novo servizo de limpeza de lura. Esta nova actividade fixo que puidesen ampliar a cooperativa ata as 48 persoas.