Conservas Anaco Empresa de Inserción Laboral

É unha empresa galega de carácter social xurdida dunha iniciativa encamiñada á creación de emprego entre colectivos de mulleres en risco de exclusión. Constituíuse en 2012 como cooperativa, cambiando a Empresa de Inserción Laboral en 2017. Como di unha das súas impulsoras “non é unha empresa benéfica, non queremos caridade. Queremos que se venda o produto, que sexa unha empresa autosuficiente. Non queremos que nos dean donativos, mellor que se compren as latas de conserva”.

VISITAR INICIATIVA