COOMARPES

É unha cooperativa arxentina fundada en 1950 que integra distintos elos da cadea de valor da pesca industrial. Dispón de máis de 80 embarcacións, realiza procesos industriais para elaborar produtos conxelados, fariñas e aceites que logo venden no mercado internacional. COOMARPES posibilita o desenvolvemento directo e indirecto de máis de 5000 familias relacionadas co sector pesqueiro, e destaca a importancia do sistema cooperativo como ferramenta de crecemento e desenvolvemento.

VISITAR INICIATIVA