COTRASVI, Sociedade Cooperativa

Dedícase á estiba e desestiba portuaria. Están especializados na carga e descarga de peixe fresco nos buques no porto de Vigo, e o seu principal cliente é ARVI. Naceu en 1994 e formouse co persoal eventual do antigo Rexistro Especial do INEM para tratar de abaratar os custos das descargas e dar estabilidade de emprego a este colectivo. Actualmente está formada por case 50 persoas socias, das cales aproximadamente o 25% son mulleres. Son un referente na defensa do sector e das condicións laborais das persoas, así como da observación dos riscos e da saúde laboral, e da formación no traballo.

VISITAR INICIATIVA