Presentación do Libro Branco da economía social de Galicia

O pasado 13 de novembro ás 19:30 horas tivo lugar no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela a presentación do Libro Branco da Economía Social de Galicia 2018, elaborado por varios investigadores da USC baixo a dirección da directora e o presidente do Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (CECOOP).

Na presentación participou tamén Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria. 

Este evento ten moita relevancia xa que é o primeiro estudo en Galicia e o segundo en toda España que aporta datos de todas as familias que conforman a economía social na nosa comunidade autónoma, ademais dunha análise temporal e algunhas recomendacións.

FONTE: REDE EUSUMO http://www.eusumo.gal/presentacion-do-libro-branco-da-economia-social-de-galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *