FORO “A ECONOMÍA SOCIAL NA ECONOMÍA CIRCULAR”

O vindeiro 26 de novembro de 2019 ás 09:30 h no Museo do Mar de Galicia (avd. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra) celebrarase o Foro Transfronteirizo A Economía Social na Economía Circular.

Este foro, organizado pola Secretaría Xeral de Emprego no marco do programa Interreg V-A LACES, está orientado a identificar os vínculos existentes entre a economía social e a economía circular para liderar a transformación e o impulso de novos modelos de produción e consumo máis sustentables.

Nesta xornada poderá coñecer en primeira persoa como as fórmulas de economía social se adaptan á economía circular; identificar estratexias de creación e consolidación de empresas baseadas en novos modelos de produción e consumo máis sustentables; e descubrir experiencias empresariais da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal asociadas á economía social e á economía circular.

Poderá consultar o programa completo aquí.

Acceso libre e inscricións a través do seguinte formulario.

Para máis información: 986 419 922 (ext. 2004)  ou en laces.emprego@xunta.gal 

FONTE: REDE EUSUMO http://www.eusumo.gal/foro-economia-social-na-economia-circular

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *