Obxectivos

O observatorio pretende constituírse como unha ferramenta viva e aberta, en continua actualización, e que servirá como punto de información, referencia e encontro para promover a creación de novas iniciativas de negocio e emprego baseadas no modelo de xestión de Economía Social.

Pretende promover o debate sobre cuestións relevantes no tocante á Economía Social no mar, recopilar datos sobre a mesma e extraer conclusións produtivas que nos permitan crear iniciativas que promovan este tipo de plans.

Ser un repositorio de ideas que axuden á innovación na Economía Social.

Aproximar á cidadanía os valores e principios da Economía Social na Pesca Industrial.

Visibilizar iniciativas e boas prácticas desenvoltas baixo estes valores dentro do sector da Pesca Industrial.

Dar a coñecer ao sector da Pesca Industrial que é a Economía Social, os seus valores e principios, e as formas xurídicas que adoptan as súas entidades, promovendo o seu desenvolvemento.

Ofrecer recursos que permitan a todos os axentes relacionados coa Pesca Industrial profundar no coñecemento das oportunidades e nichos de mercado que se poden desenvolver baixo os valores da Economía Social. Ser un portal de coñecemento compartido no que atopar información actualizada.

Ser un portal de coñecemento compartido no que atopar información actualizada.