Presentación

En 2018, FUNDAMAR pon en marcha a “Estratexia para a promoción da economía social no ámbito da pesca industrial”, co apoio da Rede Eusumo, impulsada  pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do  cooperativismo e a economía social.

O Observatorio para a promoción de iniciativas de economía social no sector pesqueiro (o eso/pes) nace en abril de 2019 e ten como obxectivo a promoción, impulso e motivación das iniciativas  que, baseadas en modelos de xestión da economía social, se poñen en marcha ou se apoian, dende o sector pesqueiro.

O Observatorio, como espazo de coñecemento compartido no que se promovan os valores e principios da economía social, permitiranos dar visibilidade as boas prácticas e casos de éxito, levadas a cabo a nivel nacional.

Estruturado de maneira sinxela o Observatorio ofreceranos información clara sobre o que é a economía social (valores, principios e lexislación de aplicación ás súas entidades); acceder aos recursos compartidos (publicacións, artigos, entrevistas e ligazóns de interese); así como identificar boas prácticas e casos de éxito no sector da pesca a través dun buscador.